Moncho Paz presenta a terceira novela de Gómez-Jurado

O escritor Juan Gómez-Jurado presentou a súa terceira novela en Vigo, acompañado de Moncho Paz, directivo da Asociación de Periodistas de Galicia. Na tarde do pasado xoves día 20 tivo lugar en Vigo a presentación do novo libro de Juan Gómez-Jurado, escritor madrileño afincado en Compostela. Baixo o título El emblema del traidor (Plaza & Janés, 2008) atopamos unha novela ben contextualizada e documentada, unha obra moi completa á que non lle falta ningún ingrediente. De feito, foi galardoada o pasado mes de setembro co Premio Ciudad de Torrevieja -VII edición-, dotado con 360.000 euros. O acto de presentación de El emblema del traidor celebrouse na Casa do Libro da cidade olívica ás oito da tarde, e contou coa presenza do xornalista Moncho Paz, que fixo de mestre de cerimonias nunha sala abarrotada de público. Tras o éxito acadado por Espía de Dios e Contrato con Dios , que chegaron a converterse en dous best-seller , a nova obra de Gómez-Jurado supera todas as expectativas. En ...