Xornal.com será o diario dixital de Xornal de Galicia


José Luis Gómez integra así o seu periódico no novo proxecto editorial
A Coruña.- Xornal.com, medio do que é editor José Luis Gómez, converterase no diario dixital de Xornal de Galicia, periódico que se poñerá á venda a próxima semana en toda Galicia, editado pola división de medios do Grupo San José, baixo a dirección do mencionado periodista.


Coa integración de Xornal.com en Xornal de Galicia SA, José Luis Gómez converterase en accionista e conselleiro desta última, froito do cambio das súas accións de Xornal Galinet SA, empresa editora de Xornal.com.


A semana da saída de Xornal de Galicia cumpriranse nove anos do nacemento de Xornal.com, que é o cuarto diario dixital de Galicia, segundo a auditora Alexa. Os 206.526 usuarios deste diario certificados por Google repártense por 146 países, encabezados por España e México. Google asignou recentemente a Xornal.com un 'page rank' de 7/10.


No novo diario, José Luis Gómez contará con María Val como subdirectora e ao fronte das súas áreas estarán Xabier R. Blanco (Política e Investigación), Lucía López Bayo (Opinión e Comunicación), Doda Vázquez (Galicia e Local), Mónica Martínez (España-Mundo), Anxos García Fonte (Cultura e Sociedade), Xaime Calviño (Deportes), Lara Graña e Sergio Barbeira (Economía) e Silvia Carregal (Edición e Suplementos).


O diario ten redaccións en Vigo, A Coruña, e Santiago, así como correspondentes en diversos puntos de Galicia, de España e do mundo. Trátase do primeiro medio que nace cunha única redacción para as súas versións dixital e impresa. O xerente é Francisco Xavier Martínez Cobas.

A Coruña, 1 de decembro de 2008

Comentarios

Entradas populares de este blog

Homenaje a Pepe Castro en Coruña

María Méndez, nueva Tesorera de la APG