Entregado el Diego Bernal 2009 a Perfecto Conde

El sábado, 24 de enero de 2009, la Asociación de Periodistas de Galicia entregó al veterano profesional Perfecto Conde Muruais, el premio Diego Bernal de 2009, en un almuerzo con periodistas de toda Galicia, celebrado en Santiago de Compostela.

Con anterioridad, celebramos la fiesta del Patrón con una Misa en honor de San Francisco de Sales, en la capilla de la Corticela situada en el interior de la Catedral de Santiago, oficiada por el franciscano Padre Isorna.



El acto de entrega fue conducido por la presentadora de Correo TV, Susana López, responsable de una tertulia diaria sobre política y temas de actualidad con profesionales de la política, del periodismo, univesidad, y de otras mútliples actividades.


La presentación y as intervernciones que hubo a lo largo del acto tuvieron un marcado carácter profesional de periodistas.





Décimo cuarta convocatoria

El primer en intervenir fue el presidente de la APG Arturo Maneiro, que explico las razones de la celebración, la decisión de otorgar el Premio a Perfecto Conde, recordó al reciente fallecimiento prematuro de la viuda de Diego Bernal, socio fundador de la APG que da nombra la premio desde 2002.

"Este es el decimocuarto año consecutivo que celebramos la entrega del Premio Periodístico de la Asociación de Periodistas de Galicia, que desde el fallecimiento de nuestro socio fundador Diego Bernal, en 2001, lleva su nombre y se va consolidando como uno de los galardones profesionales más prestigiosos de Galicia.

Por primera vez no está con nosotros su viuda, Nieves Modia, que siempre nos ha acompañado y nos a ha animado con su serena presencia en las trece ediciones anteriores. Este pasado verano falleció prematuramente, a los 63 años, como su marido, pero nos ha dejado una muy digna representación en sus hijas Eva y Nieves Bernal que también nos acompañan hoy, como siempre.

Por todo ello, creo que el libro recopilatorio de sus artículos, editado por el Correo Gallego y el Consorcio es nuestro mejor recuerdo y homenaje a Diego y Nieves. Este es el marco más adecuado para su distribución.

Pero a mi me corresponde también el capítulo de agradecimientos y debo empezar.

Quiero agradecer ´también la colaboración del Secretario Xeral de Comunicación de la Xunta de Galicia, colega nuestro, Fernando Salgado.

Quiero agradecer y reconocer la presencia de quienes han sido galardonados con este premio en años anteriores: Angel Botana y Gerardo González Martín.

Pero tenemos que hacer igualmente un agradecimiento especial a Andrés Cuns, que siempre ha apoyado nuestras iniciativas. Lo malo es que recientemente ha dejado sus responsabilidades en Caixa Galicia y nos hemos quedado un poco huérfanos. En todo caso, Caixa Galicia siempre responde perfectamente, con su colaboración puntual y generosa, en la convocatoria de este premio anual.

El “Premio Periodístico Diego Bernal” es un galardón de carácter estrictamente profesional, que premia toda una trayectoria periodística y no un período, un acto o un artículo determinado. Su dotación fundamental es el reconocimiento profesional de una gran parte de los compañeros, concretado en una obra representativa de la platería compostelana.

El acta de concesión de este año lo deja bien claro:


"Reunida en Santiago de Compostela, el día 5 de noviembre de 2008, la Directiva de la Asociación de Periodistas de Galicia, después de analizar todas las propuestas de candidaturas presentadas, acordó por unanimidad otorgar el
Premio Periodístico Diego Bernal de 2009 a Perfecto Conde Muruais,
en reconocimiento de su trayectoria profesional, siempre en primera línea, en los medios de comunicación a los que estuvo vinculado, y por su aportación humana al periodismo"

No me corresponde a mí hacer más elogios del homenajeado, para eso está el turno de Juan Lopez Rico, pero si puedo decir que hemos valorado mucho su capacidad de trabajo siempre en el frente, en la trinchera, en primera línea; y siempre polémico, como corresponde a un periodista.

Algunos de los mensajes que hemos recibido de compañeros que no pueden estar aquí, dejan constancia de ello.

Ramón Pernas (area cultura Corte Inglés): "Me es del todo imposible acompañaros el sábado. Lo siento especialmente por ser Perfecto Conde, viejo y querido amigo, recuperador para la causa, o mejor, para todas las causas, el premiado de este año. Te ruego le hagas lelgar mi abrazo y adhesión en la distancia a su homenaje"

José Manuel Rivas Troitiño: "Te agradeceré transmitas a todos los colegas, en especial a Perfecto Conde y a ti un fuerte abrazo.

Víctor Ferixanes: "Transmite os meus saudos e o meu cariño a Perfecto, vello compañeiro de viaxes. O Premio é moi oportuno e merecido".

José Luis Gómez. DirectorXornal de Galicia: "Sinto moito non poder estar con vos na entrega do premio "Diego Bernal" a Perfecto Conde, colega, compañeiro e amigo de sempre.

Desde a distancia, quero destacar o acerto da Asociación de Periodistas de Galicia por ter galardonado con este recoñecido premio a Perfecto Conde, un xornalista galego de raza, un maestro de xornalistas, que creou escola no periodismo español e galego coas súas crónicas e reportaxes do acontecer, que él soubo contar cunha maestría e audacia excelente, mesmo cando non era doado facelo por falla de liberdade no noso país.

Parabéns, pois, para Perfecto Conde por este premio e para a APG por telo escollido na edición deste ano."

Manolo González: Presidente Asociación de la Prensa de A Coruña: "Aprovecho para pedirte que felicites en mi nombre, en el de la Asociación de la Prensa de La Coruña y en el de la Federación Galega de Periodistas al premiado de este año".

Arantza Aróstegui. La Voz de Galicia: "No ve va a ser posible asistir como bien hubiese querido por el aprecio que le tengo a Perfecto Conde, a quien no veo hace mucho tiempo. Te agradecería que le dieses un abrazo de mi parte".

Un periodista global

La laudatio estuvo a cargo de Juan López Rico, ex-delegado de la Agencia EFE en Galicia, quien además de referirse al galardonado hizo unas reflexiones profundas sobre le ejercicio de la profesión periodística. La reproducimos aquí en el idioma original en que fue pronunciada, el gallego:

Coñecín a Perfecto Conde alá polo 1978, na primeira edición do Festival de Música Celta de Ortigueira. Hoxe sei, e xa hai anos que o sei, que cando algo se produce en Galicia por primeira vez, se vai ser importante, Perfecto está alí.

Non sei por qué, dada a miña mala memoria, aquel primeiro vistazo quedoume no recordo. Sinaloumo o meu amigo Carlitos. Díxome: Ese é Perfecto Conde, o xornalista. Eu chegara había pouco de regreso á Terra e non había cinco anos que rematara a carreira.

Non moito despois coincidín con el na cobertura informativa das vacacións de Calvo Sotelo en Ribadeo, cáseque das nosas vacacións en Ribadeo con Calvo Sotelo, dada a pouca información que éramos quen de producir. Alí estaban Maribel Outeiriño e Luis Mariñas tentándoo tamén, canda nós.

Daquela época son os famosos “bermoldos” (as bermudas de Leopoldo), de Forges, palabro que eu creo que está inspirado precisamente nunha fotografía de Perfecto Conde que tivera moito éxito.

Eu, daquela, tamén fixen os meus “pinitos” ca cámara e cheguei a publicar unha foto na portada de “El País”!. É certo: Calvo Sotelo en moto polo porto de Ribadeo. ¡Mágoa que non era o presidente do Goberno, senón o seu cuñado, Erice! ao que fotografei nun momento de non facer nada mentres matábamos horas disfrotando de Porcillán.

É curioso cómo os xornalistas adicamos unha parte importante da nosa vida laboral a agardar. Non somos como outros profesionais, que teñen aos clientes agardando por eles, como os dentistas ou os abogados, xa non digo nada dos funcionarios. Nós somos como os enterradores, que agardamos antes de poder traballar.

Pero, ao que imos: Parece ser que Perfecto ía para Ciencias e remata en Letras pola influencia das clases as que lle asistía a Alonso Montero.

Penso que tiña que haber unha predisposición, malia que a paixón do profesor Montero é innegable, pero hoxe parece natural a acomodación do noso personaxe ao mundo das Letras e, fundamentalmente, da Comunicación: As augas da vocación que andaban esparexidas pola fonda curiosidade do rapaz da Pontenova, foron ao rego de seu e Perfecto, ven a Santiago para estudiar Filosofía e Letras. Aquí atópase coa Universidade do remate dos sesenta, e como ía ser algo importante, Perfecto estaba alí.

Aínda habían ser as circunstancias as que levasen as augas ao seu curso natural, porque o paso definitivo de Perfecto ao xornalismo vai vir de algo tan circunstancial como a obsesión do comandante Galán, xefe do SIM daquela en Santiago, coa militancia comunista de Perfecto, ao que consideraba un perigoso dirixente do PC. Esta circunstancia empeora o transcorrer máis ben calmo do servicio militar que cumpría no cuartel do Hórreo, onde hoxe é o Parlamento de Galicia, e onde á obsesión de Galán enfronta Perfecto a súa obsesión por conseguir permisos.

Nestas, cae nas súas máns un anuncio do Ideal Gallego de que se abre o prazo para o exáme de ingreso na Escola de Xornalismo da Igrexa, o que suporía quince días de vacacións militares. Co recorte na mán diríxese á Axencia Llovo, curiosamente a mesma que me tramitou a min a matrícula uns anos despois, e matricúlase para o exáme, “que me importaba un carallo” –tenme dito-, porque o obxectivo era voltar cun certificado para xustificar 15 días de permiso.

Exáme de actualidade, unha redacción sobre unha viaxe aos Ancares e unha entrevista cos membros do tribunal. Coa tranquilidade de quen lle importa “un carallo”, debate con Bartolomé Mostaza, que non coñecía a Rulfo, sobre literatura latinoamericana e cun cura que estaba no tribunal sobre a libertade relixiosa na Unión Soviética.

Para a súa sorpresa, non só aproba, senón que queda entre os primeiros. ¡Alea jacta est, Perfecto sería xornalista!.

E sería un xornalista global, na xeografía, nos contidos e nos soportes.
Anque sempre o fixo coa paixón e entrega que o caracterizan, non podemos falar de Perfecto Conde como vencellado a un proxecto, cal foi, ¿Chan?, ¿a TVE?, ¿A Nosa Terra?, ¿Interviú?, éste cecáis foi o que deixou unha pegada meirande no profesional, pero para Conde non hai espazo abondo nun só proxecto. Da a sensación de que sempre deu co momento de dicir: “Bon, a isto xa lle chegou, imos cambiar de óptica”, e practicou todos os xornalismos, cunha versatilidade de soportes para encauzar o seu oficio que poucos o teñen feito coma el.

Traballou en diarios de información xeral, desde aquel primeiro Diario SP, ata El País, pasando por La Región, El Progreso, El Periódico de Catalunya ou Avui.

Escrebeu en revistas de información sanitaria, como Noticias Médicas; en revistas de información xeral, galegas desde Madrid, como Chan, ou españolas desde Galicia, como Interviú, da que despois foi xefe de investigación e redactor xefe. En semanarios “míticos”, como din agora, como Triunfo, ou en La Actualidad Económica. Dirixiu a revista GAM e xubilouse nun semanario galego desde Galicia, A Nosa Terra.

Tamén andou polos audiovisuais. Foi correspondente de radio, da BBC de Londres, onde era Antonio del Eo, ou na Radiodifucao portuguesa, e tampouco non lle é allea a televisión, pois veu a mediados dos 70 a Santiago con Luis Mariñas e deixou para os arquivos da TVE encontros irrepetibles con xente como Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Dieste ou Fole.

Mesmo, anque teño para mín que foi o encargo menos acaído ao personaxe, foi xefe dun gabinete de prensa, no concello de Ferrol, do 99 ao 2003, e mesmo foi coordenador nos primeiros tempos da Enciclopedia Gallega.

Non se me ocorre qué medio no empregou Perfecto para comunicar, ten escrito tamén un importante libro de investigación, “La conexión gallega, del tabaco a la cocaína” (1991), ainda non superado polo seu esforzo e rigor na investigación e capacidade narrativa, e mesmo unha novela de creación, “Memoria infinda” (1994).

Versatilidade nos soportes, pero tamén nos contidos. Perfecto Conde ten informado de todo: Guerras, dictaduras, narcotráfico, contrabando, pornografía, evasión de capitais, medio ambiente, política, se non se considera citada nos apartados anteriores..., cecais non de deportes, esquecín preguntarllelo. Todos os delitos de que é quen o home, pero tamén todas as súas virtudes , e pola súa pluma pasaron personaxes como o ministro de Interior mexicano Fernando Gutierrez, Ernesto Sábato, Jean Ziegler, que se considera “o Beiras de Suiza”, Jorge Amado, Saramago ou Borges, con que departe en distintas ocasións na súa casa da rúa Maipú, en Bos Aires.

Ou, entre tantos, personaxes que teñen aportado máis ben menos á Humanidade que os anteriores, como é o caso de Berlusconi, co que estivo nas súas oficinas de Fininvest, pero tamén na súa mansión privada. Alí, nun entorno de novela, no que mesmo o maordomo era dirixente da mafia, Berlusconi agasalla a Perfecto cunha pluma de ouro e laca china, que remata escachada baixo a porra dun policía en Santiago, anos despois. Parece cáseque a fábula de “A pluma, o mafioso, o xornalista e a policía” ou unha parábola sobre cómo remata a información de dudosa procedencia.

Pero a cuestión cando valoramos o traballo duna vida, e a que resta, adicada á profesión, como fai hoxe a APG ao conceder este galardón, non é só cánto xornalismo ten feito, que vimos que foi moito, senón, qué xornalismo, porque non é só cuestión de soportes ou contidos, senón da enorme calidade profesional con que desenvolveu o seu oficio e a fidelidade aos alicerces da nosa profesión.

Cando Mafalda lle pregunta ao pai por unha cuestión dos “seus tempos” e o home lle resposta como facemos nós ás veces coas nosas fillas, contando “batallitas”, a nena laméntase desilusionada, porque esperaba que o pai lle dixera que os seus tempos son ainda estes. Pero é lei de vida.

Ven esta digresión como parche previo para o pinchazo que vou cometer ao dicir que algúns caemos na idea de que os nosos tempos foron mellores, cando mesmo poderían non ter sido nen sequera diferentes. Pero eu penso que no xornalismo houbo unha mutación importante como para falar de que, daquela, “nos nosos tempos”, facíamos outro xornalismo.

O xornalismo que se fraguou contra Franco e que madureceu na transición. Algúns dos que aínda andamos por esta profesión en activo, ao noso pesar, somos superviventes daquela, máis que viventes desta.

Hoxe o xornalismo é outra cousa, hoxe é parte de outra cousa, é unha peza máis da maquinaria que se montou entón, pero non é o xornalismo que viu cómo se ía construindo aquela maquinaria que rematou por devoralo, desde a independencia de criterio e desde a aventura de contalo.

“A min bastoume achegarme á verdade”, dixo recentemente Leguineche.

É certo que sempre houbo quen se achegou a quen agachaba a verdade, pero o caso ven a conto porque estas dúas actitudes defínenos dous tipos de xornalismo e Perfecto Conde é dos de Leguineche, dos que se achegan á verdade para contala, non para disfrute das prebendas dos que a agachan.

Esta predisposición a coñecer e contar, que é o auténtico núcleo duro do noso oficio, enfróntase de cheo ao declive que padece, ao meu entender, o xornalismo no noso país: O que eu chamo xornalismo de segunda mán.

Segunda mán non só porque non aporta información nova, tamén segunda mán porque hai outra mán, non só a do xornalista, metida no asunto, para marcar a axenda, para que non se chegue ás máis fondas causas e importantes consecuencias. A mán dun político, a mán dun empresario, a mán que bota unha mán ao xornalista para facelo máis rico, máis famoso e menos xornalista.

Perfecto fixo e fai aqueloutro xornalismo ¡é quen de facelo aínda hoxe!. Esa é a súa lección para os derrotistas coma mín, e intuo que esa é unha das razóns para este recoñecemento que lle fai a Asociación de Periodistas de Galicia.

Hai pouco cambiou a súa vida administrativa. 65 anos. Xubilado. Pero en menos dun ano anda con dous libros, ten publicado unhas magníficas entrevistas na revista Galegos e manten un blog na rede, Croques, que os propios lectores lle impediron abandonar nun momento de debilidade, porque Perfecto é humano. Pero eu penso, sinceramente, que voltou ao blog 4 días despois de anunciar o seu peche non só pola demanda dos usuarios, senon porque non podía aguantar. É un humano vicioso.

Algunha vez ten comentado a súa personalidade profesional: “Son consciente –ten dito- de que teño fama de polémico, pero confeso que o son intencionadamente. Non concibo a miña vida profesional sen iso”. Porque o contrario –digo eu- non é a neutralidade, que habería que ver se existe, o contrario é a sumisión: O xornalismo de segunda mán.

Finalmente, da súa personalidade como home, qué vou dicir, non son psicoanalista, pero Perfecto ten unha frase no seu blog que penso que o define en dúas líñas, non só polo que dí, que tamén, senón por cómo o dí.
Contestaba a un lector que o acusaba de ter unha visión moi personal do asunto que trataban, non recordo. “Eu son –recoñeceulle Perfecto- radicalmente personal. Só fodería que fose superficialmente colectivo, ¡Vaia!”.

Intelixencia, humor e opinión propia, con eso, un bolígrafo e algo onde anotar: un xornalista.

Santiago, 24 de Xaneiro de 2009.

Agradecimiento de Perfecto Conde

El galardonado, Perfecto Conde Muruais, tras recibir el premio pronuncio unas palabras de agradecimiento por este reconocimiento a su trayectoria profesional y respondió a la intevención laudatoria de Juan López Rico con anécdotas de sus comienzos profesionales.

Aprovechó su intervención para dedicar un recuerdo a todos los profesionales que promvieron o favorecieron la posibilidad de que él llegase a ejercer como periodista en El País, Interviú, SP y otros muchos. Todo ello con anécdotas de cada uno de sus compañerois o responsables de los medios. Hizo una mención muy especial al fallecido presidente del Grupo Z, Antonio Asensio.


Más imágenes

Album fotográfico más amplio en el blog de la APG que parece en las listas del margen izquierdo.
http://picasaweb.google.es/periodistasdegalicia

También en Vigo Metropolitano:
http://www.vigometropolitano.com/news/181/ARTICLE/13411/2009-01-25.html


Carta del Arzobispo de Compostela en el día del Pátrón de los Periodistas:

Coincidiendo con la Fiesta, el arzobispo de Santiago de Compostela, don Julián Barrio Barrio, publico una carta pastoral de la que no pudimos hasta dos días más tarde. La reproducimos aquí.

Carta a los medios de comunicación en la fiesta de su Patrón,
San Francisco de Sales.

Queridos amigos periodistas y profesionales de los medios de comunicación:

En la fiesta de San Francisco de Sales quiero haceros llegar mi felicitación por todo lo que en vuestro trabajo, que es un precioso servicio, hacéis en favor de la sociedad y también de la Iglesia.

Especialmente os felicito por saber enriquecernos con la belleza, la verdad y labondad que ponéis habitualmente en cuanto os escuchamos en la radio, leemos en la prensa escrita o vemos y oímos en la televisión. Y también porque, cuando la ocasión lo requiere, ponéis la audacia de optar en favor de la justicia, la solidaridad y la paz entre los seres humanos. Y, no os oculto mi alegría cuando, unas veces más explícitamente y otras leyendo entre líneas, se puede percibir que imitáis a San Francisco de Sales en el deseo de servir a la Verdad misma que es Jesucristo, y con el que colaboráis en vuestro oficio a manifestarla almundo.

Aprovecho también para daros las gracias por el afecto y el respeto con que acogéis y mostráis las noticias de esta Iglesia Diocesana de Santiago, así como las que se refieren personalmente a mi persona y ministerio como Arzobispo. Os deseo a cada uno de vosotros y a vuestros familiares, así como al conjunto de profesionales del medio para el que trabajáis, lo mejor para este año de 2009.

Con mi afecto y agradecimiento.

+Julián Barrio Barrio, Arzobispo de Santiago de Compostela

Comentarios

Entradas populares de este blog

Homenaje a Pepe Castro en Coruña

Almuerzo homenaje a Luis Rivero de Aguilar