Homenaje de los periodistas al Padre Isorna
El día 11 de mayo, la APG promovió un homenaje de la prensa de Santiago de Compostela al franciscano Padre Isorna, cuando está a punto de celebrar sus 91 años. El Padre Isorna siempre ha estado relacionado con los medios de comunicación y con los profesionales de la información de la capital de Galicia, por esta razón son muchos los que han querido mostrarle su afecto en este acto. Muestra de ello es el comienzo del elogio escrito y leido por Juan López Rico en el acto:
"Co pai Isorna non temos que entrar en disquisicións sobre divinidades. Este cura é moi humano. Xosé Isorna é un dos curas máis humanos que coñezo. É un amigo, tenmo demostrado sempre. Sempre que acudín a el, estaba.
Como cura, bautizou a unha das miñas fillas e, como cura (tamén como amigo), acompañoume a Ribadeo e oficiou a misa pola morte da miña nai. ¡¿Qué máis lle podemos pedir como cura?!.
Pero eu quero decir estas catro palabras sobre o humano que é o pai Isorna. O amigo e o compañeiro de oficio, porque Isorna é o noso xornalista na Igrexa."
La Asociación de Periodistas de Galicia ha querido otorgarle una edición especial y específica del Premio Periodístico Diego Bernal, cuya edición normal se entrega habitualmente el 24 de enero, fiesta del Patrón de los periodistas. En la foto, María Méndez, tesorera, y Pepe Castro, vicepresidente, entregan la figura de plata de la orfebrería compostelana del Diego Bernal.

El acta del acuerdo de la Junta Directiva de la APG se expresa en los siguientes términos:
"Acta de concesión del Premio Diego Bernal 2012 en edición especial
La Junta Directiva de la Asociación de Periodistas de Galicia, reunida en Santiago de Compostela el día 25 de abril de 2012, acordó por unanimidad, otorgar el Premio Periodístico Diego Bernal
en edición espciel 2012 al Padre Isorna
La Junta Directiva considera que por la relación de amistad mantenida durante las últimas décadas con los profesionales de Santiago y por su colaboración constante con nosotros, incluso en atenciones familiares; por sus colaboraciones en los Medios de Comunicación escritos o radiofónicos y, especialmente, en Televisión de Galicia; además de su amistad con nuestro compañero Diego Bernal , que ha dado nombre al galardón, considera que el Padre Isorna, se ha hecho acreedor de una edición especial y distinta del Diego Bernal que le será entregado durante la celebración de un merecido homenaje de los prodfeisonales de la Información.
En Santiago de Compostela, a 25 de abril de 2012"
El texto completo del Elogio de Juan López Rico al Padre Isorna es el siguiente:
ELOXIO DA AMIZADE E DO
MALETÍN DO PAI ISORNA
Juan López Rico
Co pai Isorna non temos que entrar en disquisicións sobre divinidades.
Este cura é moi humano. Xosé Isorna é un dos curas máis humanos que coñezo. É
un amigo, tenmo demostrado sempre. Sempre que acudín a el, estaba.
Como cura, bautizou a unha
das miñas fillas e, como cura (tamén como amigo), acompañoume a Ribadeo e
oficiou a misa pola morte da miña nai. ¡¿Qué máis lle podemos pedir como cura?!.
Pero eu quero decir estas catro palabras
sobre o humano que é o pai Isorna. O amigo e o compañeiro de oficio, porque
Isorna é o noso xornalista na Igrexa.
E qué mellor que referirme
pola miña parte tan só a unha imaxe, para que todos podamos achegar hoxe unha
faceta da súa poliédrica personalidade. E para elo, eu vouvos contar dúas
anécdotas centradas non nel (claro que son del), pero centradas digo non exactamente
nel, senón nun dos seus gatchets, dos seus aditamentos, do seu case que diría
uniforme, unha das súas ferramentas: O maletín.
¡¿Quen pode traer á memoria a
figura do pai Isorna sen o seu maletín?!.
Pero, se cadra, non todos vos
tedes decatado de que o maletín do pai Isorna ¡É MÁXICO!.
Cóntovos, sen literatura, que
o tema daría para elo, esas dúas anécdotas anunciadas sobre o maletín do cura:
Unha foi nun dos meus
cumpreanos. Estabábamos na redacción ese día, un nove de novembro, como na
canción do “ramito de violetas”, cando chega Isorna co seu maletín. Pousao nunha
das mesas e del saca … unha botella de
champán xeada, coa condensación que indicaba a súa baixa temperatura.
Pensei: “este maletín debe
ter pilas ou algo así moderno”, a pesares de que, coa pinta que tiña de ter
gardado ben anos ide vos saber cántos segredos do seu dono, non amosaba ningún
mecanismo refrixerador ou algo semellante, así a primeira vista.
E, por outra parte, é
preciso deixar constancia de que eu xa tiña rexeitado de primeiras, pola miña
formación e crenzas, que aquelo fose un milagre.
¡Ben!, a botella saíu do
maletín e eu elucubraba sobre o funcionamento daquel aparello, cando me repuxen
e díxenlle que ía chamar ao Camilo para que nos subiran unhas copas coas que dar
conta do agasallo, ainda que o regalo era, sobre todo, contar con el alí.
Pero Isorna dime que non
chame, que non fai falla e, coa soltura dun Houdini ou dun Mago Antón, bota man
ao maletín e saca non unha, señores, nin dúas, nin tres…, ¡saca seis copas de
champaña! para brindar con nós polo meu cumpreanos.
¡Tres demostracións nunha!. ¡Nin
Houdini nin o Mago Antón!: Unha botella xeada, seis copas de champaña e, sobre
todo, o máis difícil: ¡¡Non lle rompera nada no traxecto!!
A segunda anécdota é de cando
o bautizo da miña filla pequena:
Quedaramos á porta da Capela de Pastoriza,
onde ía ter lugar o acontecemento.
Alí estabábamos cando chega o
pai Isorna co seu maletín. Del saca a
chave da capela, que estaba pechada. Abre. Vai onde o altar e alí deixa o
maletín ao seu carón. Ábreo de novo e extrae del a vestimenta, que xa semellaba
ela soa ter máis volume que o do contedor.
Vístese para a ocasión e
volve ao maletín, do que saca un copón e todos os elementos que o acompañan
para a cerimonia.
Cando xa ten todo disposto, volve
ao maletín e faise cun frasquiño que –dime- é auga do Xordán. (É certo o que din os sabios de que nunca te
bañarás no mesmo río dúas veces, pero os símbolos permiten unha interpretación
máis ampla que as ciencias e de seguro que á miña sogra gustoulle que a súa
neta e o fillo de Deus compartisen río no bautismo).
Cando xa estabábamos todos ao
redor da pía, a miña sogra mira para mín e pregunta pola cámara de fotos. ¡Non
se me ocurrira!.
Sagaz, o pai Isorna relaxa a
súa disposición para a cerimonia e acode de novo ao seu maletín.
Del saca unha cámara de fotos, o modelo
seguinte ás da Alameda, pero coa que se fan mellores fotos que sen cámara. Comproba
o seu funcionamento. ¡Non ten pilas!.
Vai de novo ao maletín e alí ten un paquete do que colle a correspondente á
cámara e instálaa coa mesma destreza con que da a comuñón un domingo coa igrexa
ateigada de fieis.
Resolto o incidente,
entrégame a cámara para que eu inmortalice o momento, como así foi e, rematada
a ceremonia fumos todos xantar, como
amigos.
Como dixen que só ía contar dúa
anécdotas referidas ao maletín, deixo para outro momento a historia de cómo me
convertín nunha das dúas únicas persoas que compartimos esclavina co Apóstol. Pensade
que o Apóstolo cambia de esclavina cada 300 anos. (¡Iso sí que é austeridade!).
E a esclavina que leva hoxe o Apóstolo na Catedral vestina eu antes ca el. Teño unha foto que o
demostra. Fíxoma o pai Isorna.
E seguirá o conto e eu e
todos os que estamos hoxe aquí agardamos
que por moitos anos. Grazas compañeiro
Isorna.
Santiago, 11 de maio de 2012
Comentarios